
Teatro – «La niña de las trenzas al revés»
5 de febrero - 18:30

Teatro – «La niña de las trenzas al revés»
De El callejón del gato
Premio FETÉN 2021 a mejor adaptación escénica.
Premio Territorio violeta, artes escénicas e igualdad.
Domingo, 5 de febreiro de 2023 18:30 hs.
Idade recomendada; A partir dos 3 anos.
Sinopse:
Thana e Deva viven lonxe unha da outra. Thana vive en Mali, máis aló do deserto do Sáhara. Deva vive en Asturias, moi cerca do mar pero non son moi diferentes, até teñen a mesma idade.
Unha noite a lúa, como un espello máxico, permítelles coñecerse e falar. Un espectáculo sobre a curiosidade e a imaxinación, sobre comunicarse para comprender outras formas de ver a vida por moi diferentes que nos poidan parecer: outros pobos, outras persoas, o que nos acerca sempre é máis forte que o que nos distancia só temos que deixarnos levar pola curiosidade e non polos prexuízos.
Entradas: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.