Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – La suerte

21 de octubre - 20:30

La suerte 

Auditorio Municipal Gustavo Freire
70 minutos
Recomendada público maior de 14 anos.

20.30 horas

Dirección: Jaume Pérez Roldán + Toni Agustí + Santiago Ribelles

Elenco artístico: Juli Disla e Jaume Pérez https://www.facebook.com/perezydisla

El precisaba unha familia. Nós desexabámola. Peripecia dun encontro: historia dunha adopción homoparental.

A adopción é un proceso no que importa sempre o beneficio do menor por riba de calquera outro interese, xa sexa o da familia biolóxica ou o da familia adoptiva. Ten como finalidade buscar unha familia para un menor e non un menor para unha familia. A adopción concédese como un recurso de prevención para aqueles que non poden permanecer coa súa familia. Establece un tipo de filiación diferente á biolóxica: a filiación afectiva.

O proceso de adopción nacional pode alongarse ata oito anos e non é definitivo ata que a xustiza dicta o auto de adopción.

La suerte fala da nosa propia experiencia como familia homoparental e interracial. Unha peripecia emocional e vital pero tamén un longo camiño administrativo e xudicial que ten como finalidade conseguir formar unha familia.

A través da nosa vivencia íntima queremos falar da diversidade, de cales son os modelos de familias, de como vivimos as cuestións raciais, de cales son os referentes, o contorno no que se desenvolven os menores e de como inflúe a política en todo isto.

Por outra banda, La suerte tamén é unha homenaxe ao noso fillo. Que lle poda servir como Libro de vida nun futuro. Con respecto, honestidade e emoción queremos dedicarlle este proxecto.

Por último intentamos debuxar a resposta ás seguintes preguntas: Qué é ser unha familia normal? Respecto a qué parámetros ou condicionantes?

ENTRADAS – FORMA DE ADQUISICIÓN

*A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Detalles

Fecha:
21 de octubre
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05