
- Este evento ha pasado.
Teatro «Little Neno descobre os Beatles»
23 de enero - 18:30

Teatro «Little Neno descobre os Beatles»
A Reixa Producións
Auditorio Municipal Gustavo Freire
23 de xan. de 2022 18:30
Teatro familiar. Recomendada público infantil de 2 a 12 anos.
Dirección: Marco Aurelio González Ortiz e Francisco Javier Villasenín Montoiro.
Elenco artístico: Marco Aurelio González Ortiz , Alfonso Espiño Louro, Cristina Fuentes Gutiérrez e Tareixa Martínez Barral.
Cando Little Neno queda durmido sempre suceden cousas estrañas. Pero estrañas de verdade…
Renato, o seu oso de peluche, marchou nun curioso submarino amarelo. Para atopar o seu querido amigo, Little Neno terá que contar coa axuda de personaxes sorprendentes coma o tolo do outeiro, o home ovo, Lucy no seu ceo de diamantes e unha morsa. Que comece a aventura…
ENTRADAS
INFORMACIÓN ADICIONAL
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.