domingo, julio 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «Monstruación»

27 de abril, 2018 - 21:30 - 23:30

Pases: 21:45 horas;23:15 horas

Enconarte Producciones

Dúas bonecas de Famosa e unha de Mattel, vénse desbordadas cando a súa compañeira de xogos, unha nena chamada América, decide abandonalas fronte a unha vida chea de barreiras cíclicas para unha muller. Unha Barbie, unha Nancy e máis unha Barriguita que andan inquedas porque á súa dona, “América” (tamén alter ego da “monstruación»), viulle a regra e deixou de xogar con elas. Estes personaxes vanse humanizando paseniñamente e desenvolven as súas vidas individuais: Bárbara, ten milleiros de ocupacións, está operadísima e casada con Ken; Nansy, esquiadora de elite en Alicante, ve a súa vida persoal e profesional interrompida pola súa amiga América e Barri, emigrante dunha reserva india, traballa no teléfono da esperanza, está casada cun curmán ao que lle deu unha chea de fillos e farta por non ter endexamáis feito porcalladas. Cada unha representa a vida menstrual en mulleres diferentes: a que a sofre, a que non se entera de que a ten e a que casi non a tivo por pasar media vida parindo e lactando. Chegadas a un punto as actrices interrompen a peza argumentando que o que fan non é o axeitado e que de feminista ten máis ben pouco. Logo de varios rifirrafes deciden retomala cun rito de agradecemento ao redor dunha urna chea de compresas, copas vaxinais e tampons para renderlle homenaxe por existir, logo que ao fin e ao cabo, estamos todos neste mundo grazas a ela.

Detalles

Fecha:
27 de abril, 2018
Hora:
21:30 - 23:30
Categoría del Evento:

Local

Club Clavicémbalo
Rúa dos Paxariños, 23
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 24 32 70
Web:
http://www.clavicembalo.com/es/
X