domingo, julio 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro no auditorio Gustavo Freire: «Duncan de palleiro»

15 de diciembre, 2019 - 18:30

«Duncan de palleiro» da compañía Lila Teatro, propoposta interesantísima para público familiar. Domingo 15 ás 18:30h no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Idioma: galego – Duración: 60 min – Público: + de 3 anos

Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio, a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o Príncipe das Corredoiras.

Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rabaños de sempre nunha aldeiña ao abeiro do monte Espigo chamada Oubidos, da cal se sente moi fachendoso.

Duncan ama profundamente a todos os nenos e nenas, e alí onde vai leva consigo unha grandísima sorpresa que non deixará ninguén indiferente. Amizade, Ledicia e Liberdade son as palabras que máis lle gustan a Duncan de Palleiro.

 

Detalles

Fecha:
15 de diciembre, 2019
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X