lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro no Gustavo Freire – “ELECTRA”

12 de noviembre, 2020 - 20:30

“ELECTRA” de Teatro do Chapitô
Recomendado para maiores de 12 anos
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)

Direcciónosé Carlos García & Cláudia Novoa

Elenco artístico Jorge Cruz, Nádia Santos e Tiago Viegas

Despois de Edipo, a Compañía do Chapitô atrévese con outro título complexo (que non complicado) dentro da traxedia grega: Electra.

Na Atenas do rei Agamenón convócase unha guerra para liberar a fermosa Helena das poutas do seu secuestrador (ou non, que hai quen di que se foi con Paris encantada da vida).

Ao non ter vento favorable para os seus barcos, Agamenón sacrifica a súa filla Ifixenia por indicación dos profetas. Este feito desencadea que Clitemnestra trame a súa vinganza xunto con Existo, o seu amante e curmán do rei.

Tras dez anos de guerra, ao volver de Troia, Agamenón é asasinado e Electra, a filla preferida do pai, polo que sente devoción, consumará a vinganza coa axuda do seu irmán Orestes, matando a súa propia nai e ao tío. E todo este baño de sangue familiar cóntase ao estilo propio e inconfundible desta compañía: en clave de comedia desternillante.

ENTRADAS

Detalles

Fecha:
12 de noviembre, 2020
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X