
- Este evento ha pasado.
Teatro no Gustavo Freire – “Furia Necesaria” de AldaoLado
22 de noviembre, 2020 - 18:30

“Furia Necesaria” de AldaoLado.
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
75 minutos
18.30 horas
Elenco artístico: Lucía Aldao e María Lado
Lucía Aldao e María Lado queren ter un sitio onde dar renda solta ao seu malestar. Así nace Furia necesaria, unha proposta que combina lirismo e rebeldía a partes iguais, unha crítica constructiva feita dende a ironía e a retranca que as caracteriza.
As poetas Lucía Aldao e María Lado levan xa unha longa traxectoria como escritoras e creadoras de diversos espectáculos escénicos nos que a poesía, a música en directo e o humor son a base. Nesta liña presentan Furia necesaria, un título que se opón a esa imaxe de amor e tenrura da que tanto se abusa no xénero lírico, e que as poetas toman da obra de Lois Pereiro, de quen aprenderon que a rabia tamén pode dar bos versos.
Descrición do espectáculo
Furia necesaria de Aldaolado, conta cunha parte importante de narración oral, durante a cal as dúas poetas presentan o tema central baseándose en historias propias e alleas. Outra parte fundamental da función é a musical, na que Lucía Aldao interpreta en directo cancións que adoitan levar aparellado o recitado de textos propios na voz de María Lado. A poesía ten tamén o seu espazo no tempo que ambas poetas dedican a recitar. Por todo isto as montaxes de Aldaolado son espazos transfronteirizos entre xéneros que pretenden comunicar a poesía e a literatura ao gran público, sempre dende un punto de vista ameno e divertido.
FORMA DE ADQUISICIÓN:
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.