Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro no Local Hipócrita

2 de octubre - 19:00 - 3 de octubre - 19:00

O sábado, 2 de outubro, ás 19h terá lugar a actuación do grupo Atrezo Teatro. A compañía viguesa traerá a Lugo outras pezas do seu repertorio para substituír a obra «Que familia!», que tivo que ser cancelada o pasado sábado por problemas persoais dun membro do elenco. Atrezo poñerá en escea tres pezas breves, dirixidas por Chelo Pampillón, protagonizadas por mulleres na procura dun futuro mellor ou na loita por deixar atrás o pasado.

O domingo, 3 de outubro, á mesma hora, será Hipócrita Teatro quen suba o seu escenario para a estrea da súa nova obra «Casting», que tamén tivo que ser adiada por problemas de saúde dunha das actrices. «Casting» é unha parodia dos estereotipos femininos no cine de Hollywood, dirixida por Elea López e protagonizada por María García, Marta Arias e Natalia Fernandez, con Juan Rivas no papel de productor e ós mandos da técnica.

As entradas custan 3€ e poden reservarse na web de Hipócrita https://hipocritateatro.org/local-hipocrita/

Detalles

Comienza:
2 de octubre - 19:00
Finaliza:
3 de octubre - 19:00
Categoría del Evento:

Local

Ítaca. Artes Escénicas
R/ Doutor Gasalla, 18
Lugo, 27004
Teléfono:
635 85 22 67
Web:
https://www.facebook.com/itacaartesescenicas/