
- Este evento ha pasado.
Teatro: O AGASALLO DE ANYA
18 de noviembre, 2018 - 18:30

Teatro Marionetas Trécola -web-
ENTRADAS: 5€ adultos e 2,5€ nenas/os. En entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no auditorio desde 90 min. antes da actuación.
Anya e Xiana son dúas nenas de once anos que viven separadas por catro mil km pero unidas por todo o demáis: sentimentos, ilusións, ansia de felicidade… Sen chegar a coñecerse, descubrirannos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse
Unha obra baseada na novela infantil orixinal de Sabela Núñez Singala que transmite curiosidade e interese por realidades as veces esquecidas nas que tod@s temos algo que aportar.
Representamos “O agasallo de Anya” con marionetas de distintos tamaños e técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio, dando lugar a sensacións propias do audiovisual.
Unha obra que traslada o sentimento da novela infantil ao teatro, chegando así a un público de menor idade e tamén ao público adulto que seica nunca pensara en ler unha obra adicada a nen@s de máis de 10 anos.
Perto dunha hora de desfrute do teatro feito por marionetas en directo, que ademáis promete unha reflexión posterior e quizáis ata debate, lembrándonos que hai máis mundos que o noso.
FICHA ARTÍSTICA:
Autoría propia, baseada na novela infantil do mesmo nome, orixinal de Sabela Núñez Singala.
Dramaturxia conxunta coa colaboración de Pomba Luxilde
Dirección: Isabel Rey
Intérpretes:
Isa García Coldeira
Ero Vázquez Cabrera
Deseño iluminación: Ero Vázquez Cabrera e Isabel Rey
Deseño e construcción de marionetas: Ero Vázquez Cabrera
Vestiarios de marionetas: Isa García Coldeira
Deseño de escenografías: Ero Vázquez Cabrera
Construcción de escenografías: Ero Vázquez Cabrera
Sara Seijas Cortón
Susana López Paz
Manuel Taboada
Teatro Marionetas Trécola
Amantes dos títeres e obxectos coma protagonistas da dramaturxia, apostamos pola creación de espectáculos dende o seu comenzo, cunha clara filosofía de autoprodución
A nosa proposta escénica está baseada en anos de experimentación no manexo e construcción de diferentes tipos de marionetas, sempre ideando a mellor opción según as necesidades do personaxe ou escena.
Tentamos fomentar, sempre dende o divertimento, valores coma a igualdade, o respecto e o apoio mútuo. Vemos de vital importancia unha educación emocional positiva así como de respecto pola natureza
Ademáis realizamos traballos escenográficos, de iluminación, efectos especiais, interpretación, dirección,…