
- Este evento ha pasado.
Teatro – O charco de Ulises
9 de diciembre, 2021 - 20:30

Teatro – O charco de Ulises
Centro Dramático Galego
Auditorio Municipal Gustavo Freire
60 minutos
Recomendada maiores de 14 anos.
Dirección Marián Bañobre e Santiago Cortegoso
Elenco artístico Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Fran Paredes, Chusa Pérez de Vallejo, Inés Salvado Gontad e Paulo Serantes.
Voces en off: María Solar, Santiago Cortegoso, Baia Fernández e José Manuel González Sanmartín.
Versión libre da Odisea, traspasada a un contexto transatlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.
A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético.
Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíra dela.
ENTRADAS
FORMA DE ADQUISICIÓN
* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.