
- Este evento ha pasado.
Teatro – “O meu mundo non é deste reino”
16 de mayo, 2021 - 18:30

“O meu mundo non é deste reino” Teatro da Ramboia
Idade recomendada; A partir dos 14 anos
Sinopse:
O MEU MUNDO NON É DESTE REINO, é unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día.
Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme “tutilimundi”. A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de Pandora latente.
Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo.
2020 María Casares á Mellor Dirección para María Peinado
2020 María Casares á Mellor Adaptación para María Peinado
2018 Proxecto Gañador do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais
ENTRADAS
A través do portal web www.entradaslugo.es na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.