
Teatro – O Péndulo
1 de diciembre - 20:30

Teatro – O Péndulo
Inversa Teatro
Xoves, 1 de decembro de 2022 20:30 hs.
Sinopse:
O Péndulo é unha obra de teatro-documento que nos mostra como se desenvolveu a sublevación militar do 1936 e o inicio da Guerra Civil na Galiza.
Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, dramaturga xunto a Ernesto Is é actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza.
Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da “Casa del Pueblo de la villa”. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia.
Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa de A Cañiza, pertencente á Izquierda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo na Galiza durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condeada a cadea perpetua e finalizou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.
Idade recomendada: Público adulto.
FORMA DE ADQUISICIÓN:
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.