
Teatro – Os contos de William Shakespeare
19 de marzo - 18:30

Os contos de William Shakespeare
Pedras de Cartón
Domingo, 19 de marzo de 2023 18:30 hs.
Idade recomendada: A partir de 4 anos.
Dirección: Juan Rodríguez.
Intérprete: Juan Rodríguez.
Sinopse:
Os contos de William Shakespeare é o novo espectáculo de Pedras de Cartón, despois do Premio Barroco Infantil de “Quixote”, no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro. Un espectáculo que mestura a comedia, o teatro de obxectos e a narración oral. Unha proposta de pequeno formato para ver de preto.
A peza fai un percorrido polas obras máis coñecidas do dramaturgo inglés, adaptadas para toda a familia e cunha linguaxe máis próxima. Deste xeito, afrontamos tres das pezas máis recoñecidas do autor: “Romeo e Xulieta”contada con teatro de obxectos, “Otelo” convertindo as personaxes da obra nunhas chamativas e coloridas letras e “Hamlet”, contado en clave de comedia a partir dun peculiar xogo de cartas no que ninguén pode gañar.