SINOPSE
Durante a Ocupación nazi de París, que acontece a partir do ano 1940, prodúcese o encontro de dúas grandes personalidades do panorama cultural da época. Os anos 40 son o auxe e colofón das avangardas europeas.
Albert Camus, un dos máis notables representantes do existencialismo francés, conflúe coa actriz galega María Casares, filla dun dos máis grandes expoñentes da II República de España (Santiago Casares Quiroga).
O exilio precipita a María Casares ao encontro coa Resistencia francesa e coas avangardas artísticas do momento, que a converten en actriz referente para representar as súas obras.
O papel protagonista de María Casares no “Le Malentendú” de Camus, no ano 1944, marca o inicio dunha prolífica e intensa relación persoal e profesional entrambos, que se prolongará ata o pasamento do autor, no 1960.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte