
- Este evento ha pasado.
Teatro – Porvenir
2 de diciembre, 2021 - 20:30

Teatro – Porvenir
Compañía: ImproMadrid
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
90 minutos
Dirección Ignacio López
Elenco artístico Ignacio Soriano, Paloma Córdoba, Elena Lombao, Borja Cortés e Ignacio López
Porvenir conta a historia de catro amigos e amigas de toda a vida que, encirrados pola deusa da fortuna, se enfrontan á incómoda pregunta de cómo queren vivir a madurez das súas vidas.
Son eles os que levan as rendas da súa existencia ou, polo contrario, simplemente se deixan levar pasivamente polos seus quefaceres cotiáns…?
Porvenir non dá a solución á pregunta pero si reivindica o feito mesmo de formulala e, sobre todo, a necesidade de atopar tempo para pensar nela.
Dámonos o momento para reflexionar sobre o que queremos como seres humanos e por qué o queremos? Estamos condenados a seguir o ritmo de Kronos (o deus do tempo cronolóxico)? Non é acaso a nosa responsabilidade defender e gozar de Kairós (o tempo oportuno e cualitativo)?
ENTRADAS
FORMA DE ADQUISICIÓN
* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.