
Teatro primeira infancia – «Y las ideas vuelan»
12 de febrero

Teatro primeira infancia – «Y las ideas vuelan»
de Animal Religion
Idade recomendada; A partir dos 2 anos.
- domingo, 12 de febreiro de 2023 16:30 hs.
- domingo, 12 de febreiro de 2023 18:00 hs.
Sinopse:
Un espectáculo fresco onde poucos obxetos teñen moito protagonismo e pequenos descubrimentos crecen ata se converter en escenas divertidas, fantásticas, cheas de complicidade.
Un espectáculo de circo onde o xogo, a colaboración co público, a luz e a música enlázanse para que cada función resulte unha experiencia diferente.
Animal Religion traballa para innovar o circo e buscar nél novos medios de expresión. Desde o inicio, plantexan un espazo compartido onde a luz, o corpo, o son e a música emerxen á vez creando unha identidade propia.
IMPORTANTE: Hai 40 entradas por pase que serán para os bebés, o acompañante non a precisa.
Entradas: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.