16.1 C
Lugo
Jue, 5 Oct 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Relato para un incendio

8 de diciembre, 2022 - 20:30

Teatro – Relato para un incendio
aAntena

Xoves, 8 de decembro de 2022 20:30 hs.

Sinopse:

Aantena foi seleccionada para levar a escena a proposta dramatúrxica de Ernesto Is “Relato para un incendio” en coprodución co CDG e a MIT de Ribadavia.

Unha dramaturxia que parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes: por unha banda, os estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen en Ardemil durante a década dos anos 60, na procura dos últimos vestixios de bruxería en Galicia; e pola outra, os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016.

A proposta escénica baséase no traballo actoral e solucións creativas, centrándose no
sinxelo e na relación profunda entre intérprete e público.

Outros dos seus elementos son a metateatralidade, cun elenco transformando a súa caracterización e falando directamente coa audiencia a favor dun achegamento emocional e o uso do audiovisual para artellar xogos escénicos.

Idade recomendada: Público adulto.

FORMA DE ADQUISICIÓN:

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Detalles

Fecha:
8 de diciembre, 2022
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05