domingo, julio 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «Rosalía» de Culturactiva

15 de febrero, 2020 - 18:00

Cartel de Teatro: "Rosalía" de Culturactiva

Teatro: «Rosalía» de Culturactiva

Moito máis que un achegamento teatral á vida e obra de Rosalía de Castro, é un espectáculo necesario.

Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.

Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras.

María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate.

Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

Elenco: Rocío González e Cristina Collazo
Dirección: Fina Calleja
Xéneros: Familiar
Duración: 70 min
Público: Público Familiar
Tipo espectáculo: Familiar
Autora: Nate Borrajo
Escenografía: Carlos Domínguez del Río
Vestiario: La Canalla
Responsable técnico: David Rodríguez
Asesor artístico: Avelino González
Cofinancia: AGADIC

Detalles

Fecha:
15 de febrero, 2020
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X