jueves, noviembre 10, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Semente de Nós

12 de mayo - 20:30

Teatro – Semente de Nós
Sarabela Teatro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
60 minutos
  • Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda, Tito Asorey e Lucía Estévez.
  • Elenco artístico: Fernando Dacosta, Elena Seijo, Rosa Puga Davila, Fernando González, Fran Lareu, Santi Cuquejo, Alberte Medeiros e Nuria Sotelo.

O Boletín NÓS cumpre 100 anos. Para celebralo, desde o seu berce  fundacional, Sarabela Teatro e Ollovivo coproducen este Docu-Drama: celebración-indagación  vizosa e crítica de enorme interese social e cultural.

Desde unha perspectiva contemporánea este proxecto achega, actualiza e espalla unha parte representativa do legado inxente de NÓS. Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos.

Para celebrar o amor, a arte e a beleza, a cultura e a ciencia, a memoria e a esperanza. Cosendo o pasado ao presente para proxectármonos cara a un futuro que pide a berros un cambio de paradigma sanitario, científico, ecolóxico, pedagóxico, social, cultural…

Para sumar sinerxias creadoras nunha proposta única, nun mosaico que lles permita ás persoas que participen mergullarse na alma dunha época que dialoga facendo audibles as voces, facendo visible o invisible.

ENTRADAS

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Detalles

Fecha:
12 de mayo
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05