miércoles, octubre 5, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «Sencilleces»

14 de diciembre, 2018 - 17:30

Lugar: Mercado Municipal

O Concello de Lugo, en colaboración con Lugo Xusta, organiza este venres, a partir das 17:30 horas, unha obra de teatro para concienciar ás familias da importancia dun consumo responsable durante as festas de Nadal. Trátase da obra Sencilleces, de Xucrut Teatre. A entrada é de balde, ata completar aforo.

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, convidou á veciñanza a asistir a esta intervención teatral na que se amosa que unha simple caixa de cartón, un trozo de plástico ou un pau poden ser os xoguetes máis divertidos. Os dous protagonistas da obra empregarán estes elementos para facer entrar ás e aos espectadores no seu mundo imaxinario no que é posible xogar con calquera elemento, olvidarse do paso do tempo e volver á propia esencia do xogo, sen idade nin prezo.

Sencilleces é un espectáculo creación e interpretación de Ainhoa Roca e Albert Requena, con vestuario de Dolo Navas e fotografía de Verónica Ramilo e Ainhoa Roca.

Para tódolos públicos, a partir de 3 anos.

Lugo Xusta é un grupo de traballo formado por persoas e entidades sociais da nosa cidade (Bico de Grao, Asemblea de Cooperación pola Paz, Solidariedade Internacional e Taller de Solidaridad) que colaboran de forma voluntaria para convertir Lugo en unha cidade polo Comercio Xusto. Para elo, promovemos o comercio xusto e tamén ecolóxico e organizamos actividades de sensibilización que axuden a concienciar a nosa cidadanía sobre un consumo mais ético e responsable.

Detalles

Fecha:
14 de diciembre, 2018
Hora:
17:30
Categoría del Evento:
X