miércoles, noviembre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Smoke on the water

24 de febrero - 20:30

Teatro – Smoke on the water

24 de feb. de 2022 20:30

Ibuprofeno Teatro

Auditorio Municipal Gustavo Freire

PREMIO DE TEATRO MOME VARELA BUXÁN 2013.

Dirección: Santiago Cortegoso.

Elenco artístico: Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas e Mon Orencio.

Traxicomedia sórdida con música en directo.

Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor.

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll dos 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade.

A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear.

Este «status quo» absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredo amoroso-financeiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

ENTRADAS

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
24 de febrero
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05