
- Este evento ha pasado.
Teatro – Sopa de Piedras
17 de abril - 18:30

Teatro – Sopa de Piedras
Engruna Teatre
Auditorio Municipal Gustavo Freire
17 de abr. de 2022 18:30
50 minutos
Teatro familiar. Recomendada público infantil maior de 4 anos.
PREMIO XARXA ALCOVER NA MOSTRA D’IGUALADA 2021
FINALISTA NOS PREMIOS BUTACA 2021 COMO MELLOR ESPECTÁCULO FAMILIAR
ESPECTÁCULO RECOMENDADO POR SAREA 2021
- Dirección: Mireia Fernández.
- Elenco artístico: Anna Farriol y Julia Santacana.
‘Sopa de Piedras’ fala de todas aquelas persoas que foxen da súa realidade en busca dunha oportunidade e chegan a un lugar onde encontran unha sociedade que non ve ou non quere ver máis aló dela mesma e é incapaz de ver ao recén chegado coma unha oportunidade e non coma unha ameaza.
Falando desta sociedade, falamos de todos nós e daquelas pedras que atopamos na vida e que hai que convertir en oportunidades e aprendizaxe.
«SOPA DE PIEDRAS» é a historia de Alma, unha nena que ten que fuxir do seu país, porque un día ve cómo o ceo, en lugar de cometas, énchese de avións. Despois dunha longa viaxe, chega a un lugar descoñecido, onde aparentemente todo o mundo ten de todo, pero ninguén quere compartir nada con ela.
Con enxeño e intelixencia fai unha sopa de pedras que transforma o individualismo de todo un pobo nun traballo en equipo e dá unha lección de vida a todos aqueles que inicialmente lle pecharan as portas.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.