
- Este evento ha pasado.
Teatro: “Tolitates” no Local Hipócrita de Lugo
27 de enero, 2019 - 12:30

O Local Hipócrita abre a programación cultural do ano o día 27 de xaneiro, domingo, a cargo da compañía de teatro Marionetas Trécola que representará a obra “Tolitates”.
“Tolitates” preséntanos a un elenco de personaxes con pouco siso que loitan polo protagonismo sobre as táboas dun teatro. A obra mestura teatro de obxectos, marionetas de fíos, bunraku e guiñol, manipulados por Isabel García e Ero Vázquez, baixo a dirección de Isabel Rey e Marcelino de Santiago “Kukas”.
A función, dirixida a público familiar, terá lugar as 12:30h e o prezo das entradas é de 5€.
Programación do primeiro trimestre
A programación do primeiro trimestre do ano incluirá outras tres actuacións: o día 9 de febreiro Hipócrita Teatro presentará a 5º edición do “San Teatrín”, un show humorístico e transgresor co que cada ano celebra por estas datas o amor ó teatro. Carmen Conde con Laura Lamontagne estarán no Local Hipócrita o día 15 de marzo con “Tabú”, un show de narración oral con música en vivo. O día 24 de marzo o Local acollerá unha nova sesión matinal para público familiar, esta vez a cargo de Fran Rei con seu espectáculo “O conto de Barrigaverde”.