8.3 C
Lugo
Sáb, 2 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Vía morta

22 de febrero - 20:30

Teatro – Vía morta

Culturactiva

  • xoves, 22 de febreiro de 2024 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.

Sinopse:

Vía Morta pretende ser, máis que un espectáculo teatral, unha experiencia a través do teatro. Unha montaxe teatral que pretende traer a realidade dos refuxiados e refuxiadas ao público de Galicia a través dunha proposta que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas migratorias da UE están a provocar.

O teatro non pode permanecer impasible ante a deliberada política de esquecemento á que as persoas refuxiadas son hoxe sometidas.

Este espectáculo fálanos sobre a triste situación dos millóns de refuxiados e refuxiadas aos que, aínda hoxe, a Unión Europea pecha as súas portas. Agora que as persoas que, fuxindo da guerra, do terrorismo, de tiranos ou da fame, cruzan o Mar Mediterráneo xa non son noticia e deixaron de aparecer nos medios de comunicación, a nosa montaxe pretende achegarnos á súa realidade e denunciar a hipocrisía dunha política comunitaria que vulnera principios básicos da lexislación internacional obrigándoos a vivir en miserables campamentos máis aló das súas fronteiras, cando podería acollerlles e darlles o refuxio ao que teñen dereito.

ENTRADAS

Detalles

Fecha:
22 de febrero
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05