8.8 C
Lugo
Vie, 8 Dic 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Vive Molière

11 de marzo - 20:30

Teatro – Vive Molière
Ay teatro

Sábado, 11 de marzo de 2023 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Gustavo Freire.

Idade recomendada: A partir de 16 anos.

Dramaturxia: Álvaro Tato.
Dirección: Yayo Cáceres.
Intérpretes: Marta Estal, Laura Ferrer, Mario Portillo, Kevin de la Rosa e Juan de Vera.

Sinopse:

No ceo, a deusa Fama anuncia a súa intención de casar cun xenio do teatro. Os seus criados Dato, Mito e Chisme lévana a París para coñecer a un tal Molière e seguir a súa azarosa vida e hilarantes obras.

Unha historia de amores, desamores, celos, encontros, desencontros, duelos, danzas, cancións… e unha selección das escenas máis divertidas, irónicas, sarcásticas e escandalosas do xenio da comedia.

Vive Molière é un canto ao dramaturgo cómico máis importante da modernidade. Unha homenaxe, unha indagación e, sobre todo, unha celebración do seu despregamento de personaxes, situacións e escenas memorables, cunha ampla gama de rexistros que pasan da farsa burlesca á ironía sutil e incluso a amargura.

Desde As preciosas ridículas ata O enfermo imaxinario, desde Tartufo ao Don Xoán, desde A escola de mulleres a O misántropo, propoñemos unha selección esmendrellante das grandes escenas das súas mellores pezas dramáticas, co fío condutor da súa propia vida.
Foi Molière un cómico sarcástico en loita temeraria cos costumes da súa época?

Foi un “home de Corte” acomodaticio que puxo en marcha todos os fíos da súa influencia para amasar fortunas na contorna versallesca? Foi un xenio ao servizo do poder ou un perigoso corrosivo social?

Ay Teatro presenta unha visión delirante, desenfadada e iconoclasta do gran comediógrafo, do seu ámbito teatral e do seu século. Un elenco moi novo con música en directo ao servizo do xenio incomparable de Molière.

ENTRADAS

Detalles

Fecha:
11 de marzo
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05