
- Este evento ha pasado.
Tropa de Trapo con «Contos de Nenas Grandes e Pequenas»
26 de agosto, 2020 - 17:30 - 19:00

26 de agosto: Tropa de Trapo con «Contos de Nenas Grandes e Pequenas». Canella do Hospital. Ás 17:30h e ás 19h. Dentro de «O que queda do Verán»
Sinopse:
Xa hai moitas historias de homes! De cabaleiros, príncipes e guerreiros…
E nós quixemos contar historias de mulleres. Princesas non, pero si guerreiras!… ou non… ou de todo un pouco. Porque hai moitas mulleres. Todas moi diferentes, pero todas cunha voz : a súa. Aquí van catro contos de nenas (das grandes e das pequenas) con voz propia. Nenas que comparten, que vencen aos seus medos ou aos medos da xente, capaces de grandes aventuras como ir a polo lume ou subir ao monte máis alto a falar cun monstro. Nenas que tamén lle teñen medo á tormenta. Ou que xogan á pelota.
Pero iso si : nenas… que xa toca!