O martes 31 de outubro durante todo o día, Lugo Monumental, organiza, un ano máis, a exitosa actividade de «truco ou trato»; na que este ano participan máis de 70 locais, que repartirán doces de balde aos nenos.
O funcionamento non pode ser máis sinxelo: 73 locais repartirán doces de xeito
gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén
máis de medio millar de cestas de cabaza. Cada local entregará uns poucos caramelos
xa que ao ser tantos establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é
que os nenos visiten o maior número posible.
Listaxe de establecementos
Na web www.lugomonumental.es estarán dende o próximo venres día 27 as instrucións de participación e o enlace a un plano de Google Maps coa situación dos establecementos participantes.
Días e horarios:
O Truco ou trato será o día 31 (luns) e os horarios serán os de cada establecemento.
¿Os nenos teñen que estar disfrazados?
Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se divirtan máis.
¿É necesaria inscrición?
Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e “ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces por xentileza dos locais participantes.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte