lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Uni-versos á distancia – Recital poético musical

13 de mayo, 2021 - 19:00

Uni-versos á distancia – Recital poético musical con Lois Pérez:

«Titulei o recital baixo o nome de UNI-VERSOS Á DISTANCIA, nun xogo obvio coa UNED pero que me serve para falar non só dos versos e os universos, senón tamén da distancia. Non me vou poñer tan transcendental ese día -farei que o pase ben a xente que vaia e que vos riades-, pero a distancia é unha magnitude que hoxe en día pérdese, ao igual cá cercanía ou a proximidade, as redes sociais eliminaron -case- esta noción de distancia, que penso é importante para a comunicación e a relación coas demais. Na medida en que se borra esta distancia, bórrase tamén o que preservamos de nós e non mostramos na relación cos demais. Aparentemente é máis doado comunicármonos, pero ao mesmo tempo a eliminación da distancia unicamente fai que nada do que portamos quede preservado, oculto, descoñecido… A repetición do igual onde só importamos nós e non importa ninguén máis…Deriva nunha certa frustración esta sobreexposición aos demais e ás redes, sen distancia, sen ritual, sen narrativa, so o eu proxectado nos demais…. E penso que fronte a isto, entre outras moitas cousas, a poesía, o humor, a literatura, a lingua, contribúe a recuperar o noso espazo e comunicármonos mellor, encontrármonos coas demáis».

LUGAR

UNED – LUGO

Tolda de Castela Nº4B, Lugo – Lugo

Detalles

Fecha:
13 de mayo, 2021
Hora:
19:00
Categoría del Evento:
X