miércoles, septiembre 28, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

V Xornadas de voluntariado e educación

2 de abril, 2018 - 3 de abril, 2018

O Servizo de Participación e Integración Universitaria dependente da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC e a Facultade de Formación de Profesorado celebrarán os días 2 e 3 de abril no centro universitario lugués dúas xornadas formativas e de divulgación sobre voluntariado e proxectos educativos.

As xornadas sobre voluntariado e educación, unha iniciativa que chega este ano á súa quinta edición, desenvolveranse en quenda de tarde, de 17.30 a 19.00 horas, e contarán como relatores convidados con representantes de sete entidades e asociacións (Fundación Juan Soñador, Asociación Down Lugo, Servizo de Participación e Integración Universitaria do Campus de Lugo, Ceip Paradai, Asociación Capaces e Fundación Dignidade) que veñen cumprindo un relevante cometido social na capital luguesa desde hai anos exporán o traballo desenvolvido neste tempo. Os relatores convidados farán especial fincapé naquelas actuacións que, polas súas características e os seus ámbitos de acción, ligan mellor cos intereses e capacidades de colaboración co alumnado da Facultade de Formación do Profesorado.

As xornadas contan coa supervisión académica da profesora Uxía Garrido Filgueira, quen tamén é a coordinadora xeral do Practicum do alumnado da Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC. Daquela, esta actividade de formación e divulgación están especialmente orientada á participación de estudantado universitario, que poderá solicitar o recoñecemento de ata seis créditos ECTS pola súa participación en proxectos de voluntariado, así como ao resto da comunidade universitaria e tamén ao público en xeral. Así, as persoas interesadas neste tipo de actividades poden solicitar información detallada no Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC, a través do enderezo de correo electrónico sepiu.lugo@usc.es

Detalles

Comienza:
2 de abril, 2018
Finaliza:
3 de abril, 2018
Categoría del Evento:
X