miércoles, julio 6, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Vázquez Taín falará en Afundación sobre como aprender dos erros das xeracións anteriores

14 de noviembre, 2019 - 19:00

O próximo xoves 14 de novembro, ás 19.00 h, ofrecerá unha charla na Sede
Afundación de Lugo

A actividade enmárcase no ciclo «Educación Século XXI» da Obra Social de ABANCA,
no que participaron xa case 5000 persoas

Afundación, a Obra Social de ABANCA, renova este mes o seu ciclo de conferencias «Educación século XXI», con novos relatores e temas, consolidando esta firme aposta da entidade pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais.

Afundación procura tamén ofrecer foros de intercambio de coñecemento que apelen ao conxunto da comunidade educativa, incluíndo tanto docentes, como familias.

O xuíz José Antonio Vázquez Taín abrirá o ciclo co relatorio Por que non aprendemos
das nosas experiencias? Vázquez Taín abordará como, a pesar de que cada perigo é
reiteración de situacións de risco vividas polo ser humano, cada xeración perde unha
parte dos seus membros por cometer erros que xa eran anunciados.

«Os mozos cren que as súas vivencias nada teñen que ver coas dos seus pais ou antecesores. Por iso exploran desde a súa inmadurez novos mundos ignorando calquera experiencia previa por consideralas inaplicables. Os historiadores e os sociólogos, con todo, repítennos que cada situación social foi vivida anteriormente, cada crise é repetición de crises anteriores», subliña.

Neste contexto, Vázquez Taín preguntarase, desde a súa experiencia, se é posible atopar unha linguaxe universal que transmita o vivido de xeración en xeración e aprender así do pasado.

A súa conferencia terá lugar na Sede Afundación de Lugo o vindeiro xoves 14 de novembro ás 19.00 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar capacidade previa inscrición aquí: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/conferencias/auditorio-sede-afundacion-lugo/10730–conferencia-con-jose-antonio-vazquez-tain.html

Detalles

Fecha:
14 de noviembre, 2019
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Afundación
Praza Maior, 16
Lugo, Lugo 27001 Spain
Teléfono:
982 28 90 96
Web:
afundacion.org
X