
- Este evento ha pasado.
Versos na Barraca – AldaoLado
28 de julio - 20:00

Versos na Barraca – AldaoLado
No estrelampo a poesía: AldaoLado (Lucía Aldao e María Lado)
O poema e a canción como vangarda do eterno.
Dous formatos aínda non superados na Historia para traducir a experiencia do mundo. Música e palabra onde se conxugan a sensibilidade, o humor, a fondura e a improvisación da man do oráculo da Costa da Morte, o xenio poético e evocador de María Lado e a pava coruña, a enerxía fumegante e o verso afiado na guitarra de Lucía Aldao.
Na poesía, unha máis unha é igual a tres.