
- Este evento ha pasado.
VI Ribadeo Indiano
12 de julio, 2019 - 14 de julio, 2019

VI Ribadeo Indiano
Venres, 12 de xullo
O venres, 12 de xullo, ás 19:00 horas no Teatro celebrarase a presentación do VI Ribadeo Indiano. Ás 19:15 horas terá lugar o pregón que ofrecerá o arquitecto ribadense, que é un grande coñecedor da construción civil indiana, Ernesto Cruzado Estévez.
19:45 o Grupo Compay Segundo ofrecerá a representación musical De ida e volta e ás 20:00 horas será a tradicional baixada ao porto de Porcillán.
No peirao haberá actuacións teatrais e musicais e a música volverá soar no quiosco do Parque de San Francisco ás 22:30 coa actuación do grupo Habana Café e ás 00:00 co grupo A lo cubano.
Sábado 13
O sábado 13 entre as 10:30 e as 11:30 na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco terá lugar a recepción dos/as artistas participantes no Certame Benéfico de Pintura ao aire libre Ribadeo Indiano.
Ás 11:00 , no barrio de San Roque, procederase á apertura do Mercado de Produtos de Ultramar; e ás 12:00, na praza de abastos recibirase aos luxosos coches de época, que por segundo ano consecutivo chegarán a Ribadeo.
20:30 celebrarase o tradicional Festival de Habaneras e Música Hispanoamericana Ría de Ribadeo no que actuarán xunto á Coral Polifónica de Ribadeo a Agrupación Polifónica Centro Asturiano de Avilés e a Coral Polifónica Airiños da Capela de Ferrol.
Domingo, 14 de xullo
O domingo, 14 de xullo, ás 10:00 na praza de abastos celebrarase o Mercado da Horta dos Domingos.
12:30 no barrio de San Roque haberá unha exhibición de vehículos clásicos.
13:00 dará comezo a subasta benéfica dos cadros do Certame de Pintura ao aire libre. Os ingresos recadados irán destinados ao hospital Hijas de Galicia da Habana.
14:00 no Círculo Habanero da Devesa, celebrarase o popular xantar campestre, ao que precederán e seguirán varias actuacións musicais, un paseo cultural e unha mostra de dominó.
O broche de ouro a esta VI edición do Ribadeo Indiano poñerao o Grupo Compay Segundo-La Leyenda del Chan Chan coa actuación que ofrecerá a partir das 20:30 horas no barrio de San Roque.
Finalmente ás 22:00 horas no mesmo escenario terá lugar o sorteo presencial da viaxe a Cuba para dúas persoas cuxas rifas se reparten desde hoxe, día 4, nos establecementos comerciais e hostaleiros que se adheriron a esta campaña.
Web: indiano.ribadeo.org