
- Este evento ha pasado.
Visita teatralizada ao Vello Cárcere
4 de junio - 12:30
VISISTAS TEATRALIZADAS AO VELLO CARCERE
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, anunciou tamén que o vindeiro sábado 4 de xuño comezan as visitas teatralizadas ao Centro Socio Cultural O Vello Cárcere.
A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e Achádego Teatro presentan un percorrido pola historia de tan singular edificio dende a súa construción e primeiros usos até a súa conversión actual en Centro Sociocultural e continente de todo tipo de actividades culturais e centro expositivo.
A visita teatralizada, dunha hora de duración, levará aos visitantes a outra época, xogará co tempo e o espazo para poder ofrecer unha mostra da nosa historia, non so do Cárcere, senón da propia cidade na que a mesma leva presente dende finais do século 19.
Nemesio Cobreros, Jeremy Bentham, Enriqueta Otero, Rafael de Vega, Gregorio Sanz e moitas outras personaxes construirán un relato vivo do que nesa Cárcere aconteceu e da historia da mesma e a súa relación coa cidade.
A primeira visita será este 4 de xuño ás 12:30h e completaranse, nun primeiro momento con outras dúas, unha no mes de xullo e outra en setembro.
Aquelas persoas que queran apuntarse e disfrutar da experiencia poden facelo a través do teléfono do Vello Cárcere; 982 29 71 95 ou no correo electrónico vellocarcere@lugo.gal