miércoles, junio 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Visitas aos museos da Rede Museística de Lugo polo «Día Internacional do Patrimonio»

16 de noviembre, 2018

Co motivo da sintatura en París, o 16 de novembro de 1972, da Convención do Patrimonio Mundial Cultural e Natural, que sentaba a bases para desenvolver a protección deste tipo de patrimonios, a UNESCO creou o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO. A Rede Museística quere sumarse ao 46 aniversario desta efeméride lembrando que, todos os días, ofrece as MUSAVISITAS POLA REDE, actividade nas que os visitantes poden gozar de visitas guiadas nos diferentes museos que integran esta rede e que se suman á oferta das concertadas previamente. Estas visitas guiadas e gratuítas teñen lugar todos os días, de acordo co seguinte horario:

Museo Provincial de Lugo: 11:30, 12:30, 17:30 e 19:00 horas.

Museo Pazo de Tor: 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 horas (agás os luns).

Museo Fortaleza de San Paio de Narla: 12:00 horas e ás 17:00 horas (agás os luns).

Museo Provincial do Mar: 12:00 horas e ás 17:00 horas (agás os luns).

Cómpre lembrar que todos os días a entrada aos museos da Rede Museística son gratuitas, dispoñendo ademais dun amplo horario de visitas, que se prolonga a todos os días da semana no caso do Museo Provincial de Lugo. Ademais, a Rede Museística quere lembrar que, na provincia de Lugo, están declarados Patrimonio da Humanidade a Muralla e os Camiños de Santiago, e que os museos que integran esta Rede teñen a consideración de BIC (Bien de Interés Cultural). O Museo Provincial de Lugo ten a particularidade de ostentar tres BIC: como museo, polos restos do antigo convento de San Francisco (cociña, claustro e refectorio) e pola súa colección de ourivería antiga.

Detalles

Fecha:
16 de noviembre, 2018
Categoría del Evento:
X