domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

X aniversario da Casa da Xuventude

9 de abril, 2021 - 11 de abril, 2021

Actividades polo X aniversario da Casa da Xuventude de Lugo

X aniversario da Casa da Xuventude

Venres 9 de abril

O aniversario arrincará ás 18.00 horas do venres, 9 de abril, cun acto institucional e co xornalista Baruk Domínguez como mestre de cerimonias. Montarase un photocall para a ocasión e descubrirase un novo graffiti na fachada da Casa da Xuventude, que será a súa nova imaxe. Ademais, a escola de danza Gravitty Lugo apoiará a gravación dun baile a través de Tik Tok.

Ás 19.00 horas inaugurarase a exposición da fotógrafa Adra Pallón. Baixo o título ‘A crise industrial’, a mostra recolle unha reportaxe sobre a loita dos e das traballadoras en Galicia, destacando a reivindicación de Alcoa por manter os seus postos de traballo.

Ás 19.30 horas presentarase o ‘Dicionario galego para boomers’, elaborado polo alumando de 1º da ESO do instituto lugués Leira Pulpeiro. As e os creadores, que recollen neste traballo definicións de conceptos empregados no día a día polas mozas e mozos, serán os encargados de presentar a iniciativa xunto coas súas mestras, e prometen algunha sorpresa.

Este primeiro día de celebración tamén contempla un Escape Room de misterio no interior da Casa da Xuventude. Esta actividade estenderase ata o 17 de abril, de luns a venres de 17.00 a 18.00 h. e de 19.00 a 20:00 h., así como os sábados, de 11.00 a 12:00 h. e de 13:00 a 14.00 h. en quenda de mañá, e de 17.00 a 18.00 horas e de 19.00 a 20.00 horas en quenda de tarde. As inscricións poden realizarse xa a través da web xuventudelugo.gal. Os grupos serán de máximo 4 persoas por hora.

Sábado, 10 de abril

Ás 11.00 horas, Julen Bollain ofrecerá presentará vía online o libro ‘Hoy es mañana’, un ensaio para a mocidade, no que participan 10 mozas e mozos profesionais de distintas materias e que aborda a necesidade de repensar o futuro e decidir de forma colectiva o mundo postpandemia que se desexa. O enlace para a videoconferencia publicarase nas redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo.

Ás 12.00 horas comezará unha ruta sobre a Arte Urbana en Lugo, da man do guía Guido Álvarez. O punto de partida e de chegada é a Casa da Xuventude e é preciso inscribirse en xuventudelugo.gal. O número de participantes determinarase seguindo as indicacións sanitarias.

Pola tarde, dende as 17.00 horas, o protagonista será o RAP co obxecto de promover o talento musical da mocidade luguesa neste xénero.

Domingo, 11 abril

Ás 11.00 horas presentarase vía online o libro ‘Tú no eres tu selfie: 9 secretos digitales que todo el mundo vive y nadie explica’, da autora Liliana Arroyo.

Ás 12.00 horas, a mocidade poderá participar na ruta ‘O Lugo da Xuventude’, dirixida por Guido Álvarez. As inscricións pódense realizar en xuventudelugo.gal

Pola tarde, o Concello programou Faladoiros de Xuventude Activa, a partir das 17:00 horas, onde se quere dar voz á mocidade e as súas inquietudes.

Neles participarán

· Ruben Hamade Longarela e Gael Zarza Arias, de Gravitty Lugo,

· Nacho Ozores Mosquera, director e editor, que presenta o seu corto Mentras isto pasa, nominado aos Mestre Mateo

· Cintia Folgueira Cobos, investigadora postdoctoral no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC)

· Paula Rodríguez Villamayor, premio Talento Mozo de Galicia, na modalidade de Rural

· Héctor Castiñeira, coñecido como Enfermera Saturada

· Diego AS, grafiteiro lucense, semifinalista da Liga Nacional de Graffiti

· Talía Rodríguez, gañadora do 1º premio do certame #LugoEnIgualdade

· Mº Isabel Casanova, a protagonista do vídeo premiado

· Alumnado de 1º da ESO do IES Ánxel Fole, gañadores do 2º premio do certame #LugoEnIgualdade.

O broche de ouro porao o grupo de indie-rock Forget La France. A entrada, salvo para determinadas actividades, é libre e gratuíta ata completar o aforo, que poderá variar segundo as restricións sanitarias do momento.

Detalles

Comienza:
9 de abril, 2021
Finaliza:
11 de abril, 2021
Categoría del Evento:
X