jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

X edición da Tasca do Liño de San Bartomeu de Insua

27 de octubre, 2018

Por décimo ano consecutivo, a Asociación de Mulleres de Insua recreará na X edición da Tasca do Liño de San Bartomeu de Insua, os traballos realizados nas antigas Tascas e que serve como broche final da recuperación do cultivo tradicional do liño, ofrecendo explicacións de todos aqueles pasos da transformación do liño. Ás 11:00 horas é a inauguración da xornada para, de seguido, pasar á lectura do pregón oficial, que será a cargo de Mero Iglesias.

Ás 11:45 horas, terá lugar a mesa redonda X anos de experiencias arredor do liño, na que participarán a Presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Insua, Lourdes Otero; o docente, Mario Outeiro, así como socias da asociacións.

ÁS 12:45 será a entrega de premios do certame de debuxo infantil. Posteriormente, cara as 13:00 horas, haberá a demostración de Tasca de liño, na que tamén actuará Tino Baz.

Ás 14:30, será o xantar popular, que se completa con varias actuacións de grupos de música tradicional, como Mondrum ou Os Minhotos, así como outra demostración de tasca ás 18:45.

Para finalizar, haberá monologo de David Perdomo e queimada popular.

Detalles

Fecha:
27 de octubre, 2018
Categoría del Evento:
X