jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xeira do Románico esquecido na Ribeira Sacra

20 de enero, 2019

Xeira do Románico esquecido

Prazas esgotadas para a xeira do Románico esquecido na Ribeira Sacra, organizada pola Asociación Patrimonial O Sorriso de Daniel.

O domingo 20 de xaneiro, preto de 100 persoas achegaranse as igrexas de San Xillao de Lobios, San Vicenzo de Pinol, nunha visita comentada pola conservadora e especialista Carola Casal. O colofón da xornada será no eremitorio do Cotillón, o templo máis antigo da Ribeira Sacra que hoxe é propiedade privada dunha familia que a veu usando como adega.

Esta actividade de difusión da arte románica pon o foco sobre as máis de 50 igrexas que quedaron excluídas da declaración. BIC da Ribeira Sacra publicada no DOG o 31 de decembro do pasado ano. A asociación patrimonial reclama a intervención inmediata sobre algúns destes edificios, na defensa do patrimonio non só como recurso económico vital contra o despoboamento no rural, senón tamén como prezada herdanza a recibir polas vindeiras xeracións.

Como acto de desagravio, O Sorriso de Daniel publicou un calendario para este ano con coidadas fotografías realizadas por Soledad Felloza dalgunhas das igrexas que quedaron fóra da declaración, a prol de transmitir este orgullo polo románico rural.

Programa e + info 

Detalles

Fecha:
20 de enero, 2019
X