lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

XIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”

27 de septiembre, 2020

O vindeiro domingo 27 de setembro pola mañá, ADEGA Lugo coordina dentro do
Proxecto Ríos, a XIII Limpeza simultánea de Ríos na cidade de Lugo, en diferentes treitos do Rato e do Miño.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a
finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas
problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a
mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A XIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 49 concellos de
toda Galiza, e participarán máis de 60 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). A limpeza mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 49 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

Para participar é preciso inscribirse antes do venres 25 ás 15h chamando ao
982.240299 ou ben escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando o nome, apelidos, DI, e
teléfono de contacto.

As persoas voluntarias serán agasalladas cunhas máscaras co lema da limpeza. Todas
as actividades contemplarán as indicacións pertinentes relacionadas coa situación de
pandemia orixinada pola COVID-19.

Detalles

Fecha:
27 de septiembre, 2020
Categoría del Evento:
X