
- Este evento ha pasado.
XIV FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI
2 de julio

XIV FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI
Sábado 2 de Xullo, comezará ás 10.30 horas coa I Andaina Solidaria do Concello de Outeiro de Rei con saída desde a praza do concello.
Ás 12.00 horas terá lugar:
- a apertura e inauguración da Feira da Artesanía
- o pasacalles a cargo do grupo Os Xílgaros de Lugo
- os talleres infantís e interxeracionais e
- II Campionato de Escultores con Motoserra e a exhibición de figurismo.
Ás 13.00 horas actuará a Banda Municipal de Música Sons e Soños, os presentes poderán visitar o punto de adopción de cans e comezará a concentración de vehículos clásicos.
Ás 13.30 horas os asistentes poderán gozar dunha amena comida popular.
Ás 16.30 horas comezarán os paseos en kaiak, ás 17.30 horas sairá o bus turístico, ás 17.45 horas actuación do grupo Volta do Agro e ás 18.00 horas comezará a exhibición de tiro con arco.
Ás 18.30 horas terá lugar o espectáculo familiar de maxia a cargo de Manuel Lamas.
Ás 18.45 horas entregaranse os premios e ás 21.30 horas sortearanse 20 premios de 50€ cada un.
Ás 00.00 horas haberá unha sesión de fogos de artificio coa que se poñerá fin á feira.