
- Este evento ha pasado.
Xornada «A innovación cooperativa no medio rural»
29 de marzo - 12:00

Xornada «A innovación cooperativa no medio rural»
A innovación cooperativa centrará este martes 29 de marzo a temática da sesión dos ‘Encontros de Lúa Chea’, un ciclo de análise e debate sobre temas de actualidade promovido polo colectivo Proxéctate en Galego, no que participa a Comisión de Normalización Lingüística da EPS de Enxeñaría e o grupo de innovación docente Ruralia da USC.
A xornada, que pon o foco nas empresas da economía social, dada a súa importancia en
cuestións ligadas á contribución desenvolvemento local, xerar valor social, promover a
igualdade de oportunidades… desenvolverase a partir das 12.00 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC.
A palestra de relatores convidados a tomar parte neste foro de debate estará formada
poo:
- coordinador do Lugar da Veiga, Xosé Lois Lamazares, quen falará do traballo que
desenvolve a sociedade laboral afincada en Chantada que, sobre todo é coñecida polas
súas ‘Galletas Mariñeiras’. - O gandeiro da Cooperativa A Carqueixa David Pérez dará conta neste foro do labor de cría de carne de vacún en extensivo e da comercialización súa carne a través de Internet e dunha tenda física na capital luguesa.
- O socio da SCG Amarelante Óscar Freire explicará tamén nos ‘Encontros de Lúa Chea’ o traballo que desenvolve esta cooperativa de Manzaneda a prol da recuperación dos soutos, así como da comercialización de produtos baixo o selo ‘Castaña de Galicia’.