
- Este evento ha pasado.
Xornada «A Mariña Somerxida» no CENIMA (Foz)
22 de junio, 2019 - 09:00

Xornada «A Mariña Somerxida» no CENIMA (Foz)
Data: 22 – Xuño – 2019
Lugar: CENIMA – Foz
Horario: 9:00 h – 15:00 h
Entrada libre para tódolos públicos
A Costa da Mariña Lucense é un enclave único situado na fronteira entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico con aproximadamente 100km de litoral que albergan unha enorme biodiversidade de especies mariñas para moitos descoñecidas.
A Mariña Somerxida pretende dar a coñecer esta riqueza subacuática a través dunha serie de actividades gratuítas promovidas polo GALP A Mariña Ortegal e dirixidas a tódolos públicos onde a gran protagonista é a natureza das nosas augas.
O proxecto A Mariña Somerxida desenvólvese entorno a dous eventos principais: a Xornada Técnica e a Exposición Fotográfica.
A xornada A Mariña Somerxida acollerá diversas presentacións, charlas e foro de debate con expertos de prestixio sobre bioloxía, biodiversidade e conservación mariña. Ademáis falarase sobre arqueoloxía subacuática na Mariña Lucense.
Entre os conferenciantes contaremos con nomes como o profesor de bioloxía Ricardo Roberto Fernández, autor do libro ” Invertebrados marinos del Cantábrico: una mirada a la vida de nuestra costa”; a doutora M. Carmen Cobo Llovo, especializada en bioloxía, biodiversidade e conservación mariña; João Rodrigues, fotoxornalista subacuático da revista National Geographic; David Fernández Avella, historiador e arqueólogo especialista en arqueoloxía náutica e subacuática e Fernando Patricio Cortizo, experto en naufraxios da costa de Galicia. Todos eles darán unha visión única do que se esconde baixo a superficie das augas da nosa costa.
Preténdese dar un enfoque apto para tódolos públicos, pequenos e maiores, da enorme riqueza que albergan os nosos fondos, cun tono sinxelo e coloquial, analizando as problemáticas e os retos ós que nos enfrontamos para poñer en valor e conservar este patrimonio somerxido. Cada charla ten unha duración aproximada de trinta minutos, cunha breve posta en común de ideas e preguntas ó remate de cada presentación.
Programa:
09:30h: Apertura
10:00h: “Poñendo nomes as especies, primeiro paso para o estudo da biodiversidade” M. Carmen Cobo Llovo
11:00h: “Fotografía submarina: descubrindo a luz da evolución” Ricardo Roberto Fernández
12:00h: Descanso Café
12:30h: “Patrimonio cultural asolagado na Mariña“ David Fernández Avella e Fernando Patricio Cortizo
13:30h: “Fotografar para conservar” João Rodrigues
14:30h: Clausura e pinchos
A xornada serve ó mesmo tempo como evento inaugural da exposición de cincuenta instantáneas orixinais que fan que o visitante se adentre nos fondos mariños da costa de Lugo. A representación é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida. O visitante viaxa máis alá da superficie dos nosos mares para descubrir un mundo incrible de especies únicas.