
- Este evento ha pasado.
Xornada de arqueoloxía: “As Covas: portas a outros mundos”
22 de marzo, 2019

Nste encontro que se celebrará o vindeiro 22 de marzo no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, se analizarán as covas das serras orientais galegas -paleolíticas. Concretamente serán as de Eirós en Triacastela, a de Valdavara en Becerreá e a da Valiña en Castroverde, entre outras
Programa
Mañá
9:30 h. Acreditación asistentes
10:00 h. Presentación oficial
10:15 h. Primeira charla: “Covas de Eirós e Valdavara: afondando na investigación do Paleolítico galaico”. Ramón Fábregas Valcarce, Catedrático de Prehistoria da USC.
11:00 h. Segunda charla: “A Cova da Valiña trinta anos despois: prehistoria da Prehistoria”. César Llana, arqueólogo e director Museo Etnolóxico de Ribadavia
11:45 h. Pausa
12:15 h. Terceira charla:“Descubriendo el Paleolítico del sureste peninsular: investigación y divulgación científica en la Cueva del Arco (Cieza, Murcia)”. Ignacio Martín Lerma, profesor de Prehistoria da Universidade de Murcia, vicedecano da Facultade de Letras e director da escavación.
13:15 h. “O papel do patrimonio arqueolóxico no desenvolvemento local e na sustentabilidade territorial: estratexias de difusión e comunicación”. Mesa redonda moderada por Aurelia Balseiro e composta polos anteriores poñentes máis os seguintes convidados: Carlos Fernández Rodríguez (Universidade de León) e Arturo Lombera Hermida, GEPN-AAT (USC)
14:00 h. Debate Coloquio
Tarde
17:00 h. Visita técnica explicativa a cargo de Arturo Lombera á exposición sobre as covas das serras orientais galegas: Eirós (Triacastela), Valdavara (Becerreá) e Valiña (Castroverde) no Museo Provincial de Lugo, complementada cunha demostración elemental de talla en seixo.
Inscrición gratuíta
A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado a 100 persoas. Estas prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada (8 horas lectivas). Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións
É necesario inscribirse neste link (Museo Provincial de Lugo)
Promove: Deputación de Lugo