
- Este evento ha pasado.
Xornada de Aproximación aos Viños da Provincia de Lugo
17 de junio - 17:00

Xornada de Aproximación aos Viños da Provincia de Lugo
Venres, 17 de xuño, 17:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo
Contará cos referentes do mundo da enoloxía Luis Paadín e José Peñín Santos.
Será a primeira ocasión na que compartirán espazo os viños da DO Ribeira Sacra e da IXP Terras do Navia, polo que as persoas que se acheguen a este evento poderán gozar dunha experiencia única.
Está dirixida tanto a profesionais do sector, como ao público en xeral.
Luis Paadín é técnico en Vitivinicultura e Enoloxía pola Universidade de Vigo, membro da
Federación Internacional de Xornalistas e Escritores do Viño e da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia, así como da Asociación de Lagares Rupestres de España. Padín é autor, xunto ao seu fillo Alejandro, da Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia.
José Peñín Santos está considerado como o escritor de viños más prolífico de fala hispana e
un dos xornalistas e autores máis experimentados en materia vitivinícola, decano da profesión e o máis coñecido a nivel internacional. É o creador da guía de viños Guía Peñín, o referente máis influínte no comercio internacional de viños españois e a mais consultada a nivel mundial.
Despois da conferencia celebrarase un Túnel de Viños na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Trátase dunha cata aberta ao público, que comezará ás 18:30 horas, onde os participantes poderán probar unha selección de máis de 100 viños da provincia, tanto da Denominación de Orixe Ribeira Sacra coma da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia.
Inscricións
O evento será de balde, pero é preciso inscribirse tanto para a conferencia, como para o túnel do viño mandando un e-mail no que se indique nome e apelidos á dirección:
protocolo@deputacionlugo.org ou chamando ao 982.26.00.60 ou 982.26.01.34.