
Xornada de poda de vimbio dirixida por Idoia Cuesta
15 de enero

Xornada de poda de vimbio dirixida por Idoia Cuesta
Como ven sendo habitual para comenzar o ano, o Lugar de Reque acollerá o vindeiro domingo unha xornada de poda de vimbio aberta a todo o público.
Trátase dunha xornada dirixida pola cesteira Idoia Cuesta centrada nos requerimentos da poda, o manexo e conservación das varas para o seu uso posterior, as características específicas de cada variedade e as súas posibles aplicacións.
O obradoiro diríxise a profesionais e afeccionados á cestería, entidades, asociacións e agrupacións educativas e culturais, particulares e público en xeral, incluindo crianzas acompañadas.
Para poder participar é preciso traer tesoira de poda e corda para o atado dos feixes.
Quen o precise poderá aproveitar a xornada para facerse de xeito gratuíto co vimbio qe resulte da poda, obtendo así material para a elaboración das súas cestas, cabazos, sebes, aplicacións artísticas ou mesmo plantar directamente nas súas fincas.
A xornada extenderase de 10.00 a 19.00 horas. As persoas interesadas en
participar deben enviar a solicitude ao enderezo
lugardereque@deputacionlugo.or
descrición perfil profesional ou persoal