
- Este evento ha pasado.
Xornada Ecofeminismos e Rural no Vello Cárcere de Lugo
15 de marzo, 2019 - 09:00

Xornada Ecofeminismos e Rural no Vello Cárcere de Lugo
A combinación do ecoloxismo e do feminismo supón unha fenda ao discurso neoliberal que cosifica á muller e a natureza, traendo consigo un novo relato de como atender ao presente, así como abre unha nova xanela na que comezar a construir pontes que procuren outros mundos nos que diluir as desigualdades contemporáneas. A rede REVOLTA, composta por oito grupos de investigación ao redor da agroecoloxía, organiza o 15 de marzo no Cárcere Vello de Lugo a Xornada Ecofeminismos e o Rural co que pensar en aberto unha axenda de investigación.
A través deste encontro queremos abrir un espazo de debate e interacción entre a universidade e a sociedade co obxectivo de pensar que liñas de investigación abre o ecofeminismo, por iso facemos este convite aberto á participación.
Programa da xornada:
9:00- 9:30 APERTURA DE PORTAS
9:30 PRESENTACIÓN
Por Ana Cabana, Mar Pérez Fra e Elena Fernández Rodriguez
9:40 PALESTRA O ECOFEMINISMO COMO PROXECTO ÉTICO E POLÍTICO
Pola Profesora da USC Beatriz Herrero Fernández
10:00 CONVERSA LER AS COMUNIDADES
Pola Profesora da USC (HISTAGRA) Ana Cabana e a poeta e veterinaria María Sánchez
10:30 CONVERSA LER AS COMUNIDADES E A PRODUCCIÓN
Pola investigadora Araceli Macías e secretaria do SLG Isabel Vilalba
11:15 DEBATE
11:45 DESCANSO
12:00 CONVERSA LER A TERRA
Pola Profesora da USC (ECOAGRASOC) Mar Pérez Fra e unha representante do monte veciñal en man común de Romariz (Abadin)
12:30 CONVERSA LER O COTIÁ E OS TEMPOS
Pola profesora da USC (ECOAGRASOC) Elena Fernández e a gandeira Nieves Fernández
13:00 DEBATE
13:30 RELATORIA A MODO DE “CONCLUSIÓNS”
Promove: Rede Revolta
INSCRICIÓN: Para aquelas que desexen acudir ao encontro, teñen que enviar un email a rede.revolta@usc.es indicando o o seu nome e apelidos.