
- Este evento ha pasado.
Xornada “Hortos urbáns e agricultura ecolóxica»
16 de diciembre, 2021 - 10:30

O centro Europe Direct pertencente ao Concello de Lugo organizará o vindeiro xoves, 16 de decembro, a partir das 10:30 horas, a xornada “Hortos urbanos e agricultura ecolóxica, cara a unha alimentación máis sostible”, no salón de actos do Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus), situado en Garabolos.
Será unha xornada aberta ao público e totalmente de balde, na que se afondará nos principios da agricultura ecolóxica e o deseño de hortos sostibles, coa participación de dous expertos: Carlos Brea Pallares, enxeñeiro agrícola, asesor de explotacións agrícolas e gandeiras e Máster en Calidade e Medio Ambiente; e Luis Ruiz García, profesor titular da Escola Técnica Superior de Enxeñería Agronómica, Alimentaria e de Biosistemas; responsable do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico na Universidade Politécnica de Madrid (UPM).
Programa
10:30 Horas: Inauguración da xornada.
10:45 Horas: Introdución á Agricultura Ecolóxica.
- Concepto;
- Diferenzas entre Agricultura Ecolóxica, Agricultura Convencional e Agricultura Industrial;
- Principios da Agricultura Ecolóxica.
Carlos Brea Pallares, experto Enxeñeiro Agrícola, asesor de explotacións agrícolas e gandeiras e Máster en Calidade e Medio Ambiente.
11:45 Horas: Pausa café.
12:00 Horas: Hortos ecolóxicos e hortos urbanos.
- Do horto familiar ao horto ecolóxico. Compromiso ambiental. Cultivando saúde;
- Hortos en pequenos espazos. Hortos urbanos. Hortos en balcóns e terrazas;
- Condicionantes na implantación dun horto. Planificación e deseño do horto.
Carlos Brea Pallares, experto Enxeñeiro Agrícola, asesor de explotacións agrícolas e gandeiras e Máster en Calidade e Medio Ambiente.
13:00 Horas: Pausa café.
13:15 Horas: Presentación dos novos hortos urbanos do Concello de Lugo, no marco do proxecto LIFE Lugo+ Biodinámico.
Luís Ruiz García, profesor titular da Escola Técnica Superior de Enxeñería Agronómica, Alimentaria e de Biosistemas; responsable do proxecto LIFE Lugo+ Biodinámico na Universidade Politécnica de Madrid (UPM).
14:15 Horas: Quenda de preguntas.
14:30 Horas: Clausura da xornada.