
- Este evento ha pasado.
Xornada LSM: A saúde mental na encrucillada
17 de marzo, 2020 - 20:00

Xornada LSM: A saúde mental na encrucillada
Martes 17 ás 20 horas
I.E.S. Lucus Augusti
A SAÚDE MENTAL NA ENCRUCILLADA: os dereitos humanos como solución colectiva, con Rosa Cerqueiro (Psicóloga clínica do Sergas e voceira do Movemento Galego de Saúde Mental):
A nosa cidade viviu un elevado número de suicidios o pasado ano, entre estes varias mulleres que traballaban no eido sanitario, sendo Lugo a única provincia do Estado Español na que no pasado ano non descendeu o número de mortes autoinflixidas e que duplica a taxa do resto do Estado español.
O illamento e enfermidades crónicas non axeitadamente tratadas, así como factores de risco psicosocial están detrás destas causas, como a precariedade laboral, un modelo de sociedade consumista, mercantilista e competitiva, cada vez máis esixente coas persoas e na que non se perdoa o fracaso nin a mediocridade, o que leva a unha situación de anomalía e frustración que empurra a moitas á depresión e ao suicidio.
Paralelamente o incremento de enfermidades mentais e a falta de recursos asistenciais e de apoio, levaron nos últimos tempos a unha patoloxización da sociedade e a un incremento no consumo de psicofármacos promovido, en boa parte, polas grandes empresas farmacéuticas que converteron a unha grande parte da poboación en seres adormecidos e adictos á química.