
- Este evento ha pasado.
Xornada «O Courel dos tesos cumes»
25 de marzo

Xornada «O Courel dos tesos cumes»
Venres, 25 marzo de 2022
Lugar: Salón de Actos da Deputación de Lugo
Prazas: en función do aforo e das medidas sanitarias e inscrición previa gratuíta por rigorosa orde de entrada.
Modalidades: presencial e en liña
Enviarase diploma acreditativo de asistencia á xornada (8 horas lectivas). Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.
Organización: Museo Provincial de Lugo
PROGRAMA
9.30 h. Acreditación asistentes
10.00 h. Presentación oficial
10.15 h. “O que nos din os ósos atopados nas covas sobre a vida antiga en O Courel”
Aurora Grandal D´Anglade, profesora titular da UDC
11.00 h. “Revisión dos modelos de ocupación castrexa no territorio do Courel”
Luis Francisco López, arqueólogo e doutor en Prehistoria pola UCM
11:45h. Pausa
12.15 h. ”Cultura material do Courel conservada no MPL: a tabula hospitalis”
Enrique Alcorta e M.ª Ofelia Carnero, Departamento de Arqueoloxía do MPL
13.00 h. “A necesidade da transferencia e divulgación do coñecemento e o papel das estratexias transversais de comunicación para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico courelá».
14:00 h. Debate-coloquio
16:00 h. Saída para traballo de campo* con visita, in situ, dun xacemento arqueolóxico emblemático do Courel guiados polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo.
20.00 h. Visita técnica explicativa no Museo Provincial de Lugo**, (planta 1.ª sección de Prehistoria e Arqueoloxía), á exposición divulgativa sobre o patrimonio arqueolóxico do Courel: castro da Torre, a cargo da directora do MPL: Aurelia Balseiro García.
*disporase dun autobús ata completar 50 prazas
**presencial e/ou en liña
Clausura
Envío de diplomas por correo electrónico
Para máis información e inscrición, no seguinte enlace: http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=45&id=4861