martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada «Os froitos da terra»

29 de julio, 2021 - 17:00

Xornada «Os froitos da terra»

Organiza: ADEGA

TERRÍCOLAS: Os froitos da terra (Xoves 29 de xullo ás 17h)
Antonio Rigueiro, catedrático profesor da USC guiaranos desta andaina identificativa da vexetación a través dunha pequena andaina de 3Km. Dende o Centro de cestería percorreremos as carballeiras do Rato, e chegaremos ata o núcleo de Bosende, ata chegar ao Centro de Interpretación Terras do Miño; zonas que están afectadas polos proxectos de construción da Rolda Leste e da eliminación dos pasos a nivel de ADIF. Recoméndase levar guías de identificación de árbores, plantas e aves, ademais de prismáticos.

ESTRELAS: Brilar con luz propia (Madrugada do sábado ao domingo 15 de agosto á 1h)
Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA guiaranos no recoñecemento das estrelas e constelacións do ceo lucense, coincidindo co tempo das Perseidas.

AVES: Sostidas no ar (Domingo 22 de agosto ás 10h)
Roi Cuba, presidente de ADEGA, acompañaranos nesta andaina na que poderemos avistar as aves máis características da cidade de Lugo, para o que recomendamos traer guías de aves e prismáticos.

AUGA: Lecer e vida (Pendente de data)
Percorreremos un treito do Río miño na procura das zonas de baño históricas que dende moitos anos, a cidadanía de Lugo empregou para achegarse ao río.

Todas as actividades son de balde e con prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse
chamando ao 982240299 (en horario de mañá, agás os mércores de tarde) ou escribindo a
adegalugo@adega.gal indicando nome, apelidos, DI e teléfono de contacto. En todas as
actividades será necesario cumprir as medidas de prevención da COVID vixentes.

Detalles

Fecha:
29 de julio, 2021
Hora:
17:00
Categoría del Evento:
X