miércoles, noviembre 9, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada pola memoria das mulleres antifascistas

11 de diciembre, 2021 - 17:30

Xornada pola memoria das mulleres antifascistas (dentro da Mostra Mulleres Resistentes)

O Vello Cárcere de Lugo acollerá o día 11 de decembro o primeiro encontro internacional arredor do proxecto Mulleres Resistentes reunindo a investigadoras e colaboradoras de Alemaña, Francia e Galicia. Será nun coloquio que se celebrará a partir das cinco e media da tarde coa participación de Paloma León, escritora e colaboradora francesa do proxecto; Verena Boss, escritora e colaboradora alemá e María Lopo, investigadora galega.

Esa mesma tarde do sábado 11, ás sete, celebrarase outro encontro entre familiares de mulleres resistentes na que participarán René Miguel Bueno – filla da exiliada española Araceli Bueno que sobreviviu ao campo de Argelés-sur-mer e axente activo do maquis – Salomé da Torre – neta de Carme Rodríguez Nogueira enlace da guerrilla, encarcerada e torturada, e Paz Gómez del Valle, neta de María del Valle, que foi apresada e asasinada.

Detalles

Fecha:
11 de diciembre, 2021
Hora:
17:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95